Tuesday 23 de April de 2024

Manuel Fafián, do Partido Popular de Bergondo, denuncia unha vez máis as pésimas condicións do stop que se instalou con ocasión das obras da rotonda de Guísamo na súa intersección coa estrada que vén de Ferrol


O sinal horizontal, que xa era deficiente, borrouse e a iso engádense agora enormes gretas e fochancas no firme.

Fafián reclama un asfaltado da zona de freada e un pintado do stop así comounha mellora da sinalización vertical cun maior tamaño para que sexa plenamente visible, lembrando que desde o comezo das obras xa se produciron varios accidentes nese lugar.